Friday 26 de April de 2024

Touro vive mañá domingo, 17 de xullo, o seu XIX Festival de Bandas


O Concello de Touro celebra mañá domingo, 17 de xullo, o seu XIX Festival de Bandas, organizado pola Banda de Música Isabel II de Touro e polo propio Concello. O XIX Festival de Bandas Concello de Touro comenzará ás 17.30 horas no Campo da Festa de Fonte Díaz, capital do Concello de Touro. No programa participarán a Banda de Música de Arca, que abrirá o concerto. A continuación tocará a Banda de Música de Brión. E logo seguirá a Banda de Música Isabel II de Touro, que exercerá de anfitriona, e será a encargada de pechar o festival. Cada formación musical ofrecerá un repertorio elexido para esta cita. O Concello convida aos veciños e forasteiros a disfrutar dunha xornada de música na que tamén colaboran a Deputación da Coruña e a Federación Galega de Bandas de Música. A entrada é libre.